O CONCURSO
_Iluminación da paisaxe nocturna
O Concurso Internacional de Iluminación Ornamental e Artística da Contorna Monumental da Catedral de Santiago de Compostela abarca o ámbito espacial definido pola Catedral, as catro magníficas e espazosas prazas que a rodean: Obradoiro, Praterías, a Quintana e a Inmaculada, e os seus elementos conectores.
Para garantir a súa integridade e permanencia no tempo esta área, nuclear da cidade compostelá, ten sido amplamente protexida e recoñecida dende 1940 nos eidos urbanísticos, arquitectónicos e patrimoniais. Porén, enténdese preciso facer unha reflexión e proposta adaptada aos tempos sobre a súa imaxe nocturna.
O Concurso internacional convócase para avanzar cara á configuración dun destino turístico sostible e que mellore a calidade de vida da veciñanza e visitantes, fixado no Plan de Sostibilidade Turística da cidade, desenvolvendo a acción 3.1 Renovación da iluminación do patrimonio no casco histórico, encadrada no eixo 3. Cidade Histórica e estratexia verde. A devandita acción, que pretende obter a mellor proposta de iluminación para configurar a mellor paisaxe nocturna para este espazo, alíñase cos obxectivos do Plan de:
- Recuperar a vitalidade e versatilidade da Cidade Histórica,
- Reinterpretar o patrimonio de Santiago dende a sostibilidade,
- Profundar na conservación e o coñecemento patrimonial nunha contorna de funcionalidade contemporánea.
- Facilitar a transición ecolóxica do sector turístico, a través de iniciativas de mitigación do cambio climático.
O Concello de Santiago de Compostela pon a disposición das persoas interesadas en participar no Concurso internacional de proxectos, con intervención de xurado, da iluminación ornamental e artística da contorna monumental da Catedral de Santiago de Compostela e posterior redacción do proxecto e dirección facultativa das obras de iluminación na Praza de Praterías, información adicional deste procedemento, que poderá consultarse no perfil de contratante do órgano de contratación e na Plataforma de contratación do Sector Público https://contrataciondelestado.es/wps/portal/plataforma, dende a data de publicación do anuncio do concurso.
A ligazón onde estarán dispoñibles as carpetas e arquivos ás que se pode acceder a través de contrasinal que se indica, é a seguinte:
Ligazón: http://scqoc.santiagodecompostela.gal/index.php/s/vvqITcpMFuV5DJx
Pass: ConcursoTurismo25!.
Compostela nocturna, mírame! Vivir a cidade, iluminar a historia
Concurso Internacional de Iluminación ornamental e artística da contorna monumental da Catedral de Santiago de Compostela
CONTACTO
comunicacion@trivium.gal
