Santiago presenta a Guía Rápida para participar no Concurso Internacional de Iluminación Monumental

O Concello de Santiago de Compostela acaba de lanzar a Guía Rápida para o Concurso Internacional de Iluminación Ornamental e Artística da contorna monumental da Catedral. A guía recolle de maneira sintética os requisitos de participación, composición mínima dos equipos, fases, prazos, criterios de avaliación, orzamentos e formato de entrega.

O obxectivo é recibir propostas creativas e sostibles que poñan en valor o patrimonio e melloren a vivencia cidadá e turística mediante a iluminación. A convocatoria está aberta a equipos de todo o mundo.